O grupo de teatro da Uned Sénior colleita un grande éxito coa súa representación de "A consulta do doutor"

Pontevedra
11 de febreiro 2023

O grupo de teatro da UNED Sénior cultivou un notable éxito durante a representación da obra "A consulta do doutor", de Fina Casalderrey, representada no Paraninfo do Instituto Sánchez Cantón

"A consulta do doutor", representada polo grupo de teatro da Uned Senior
"A consulta do doutor", representada polo grupo de teatro da Uned Senior / UNED Pontevedra

O grupo de teatro da UNED Sénior colleitou un notable éxito durante a representación da obra "A consulta do doutor", de Fina Casalderrey, levada a escea no Paraninfo do Instituto Sánchez Cantón.

Momentos antes de iniciarse a función, o director do Centro Asociado da UNED de Pontevedra e do campus Noroeste, Víctor M. González Sánchez agradeceu a presenza do numeroso público e felicitou ao director e adaptador da obra, Hugo Andrade Padín, polo traballo realizado co elenco de actores que, moitos deles superan os 70 anos de idade. 

A continuación tomou a palabra a escritora Fina Casalderrey quen dixo sentirse moi honrada con que 40 anos despois de escribir esta obra se siga representando e levantando o interese do público e dos propios actores. Lembrou a súa etapa como docente e como nas súas obras tentaba estimular a imaxinación coa interacción co alumnado. 

Finalmente tomou a palabra a deputada provincial Ana Laura Iglesias quen trasladou á audiencia un saúdo afectuoso da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen sentía moito non poder estar neste acto acompañando aos membros da UNED Sénior, de quen dixo sentirse moi orgullosa de ser a súa madriña. Iglesias destacou o feito diferencial da UNED Sénior e do esforzo e a dedicación ao saber e á aprendizaxe do seu alumnado composto por persoas maiores de 55 anos.  

A representación da obra transcorreu entre risas e aplausos cara ao elenco de actores, composto por sete mulleres e dous homes, pertencentes ao Centro Asociado da UNED en Pontevedra, e que se formaron no transcurso da celebración do curso "Taller de integración grupal de teatro (III)" que impartiu a finais do pasado ano por Hugo Andrade Padín dentro do programa do departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais que coordina Rafael Cotelo Pazos. 

A obra representada foi o resultado da adaptación libre da obra "A consulta do doutor", da escritora e dramaturga galega Fina Casalderrey, que vira ao redor do que pasa nunha clínica dun médico no que se suceden personaxes hilarantes que pasan consulta ante un facultativo que dispón de moita paciencia e ten un modo moi particular de tratar aos seus pacientes.