O Garaxe Hermético e a Deputación amosan a Florencio Delgado Gurriarán a través da banda deseñada

Pontevedra
10 de maio 2022

Esta publicación foi elaborada de maneira coral por alumnado e persoal da escola pontevedresa, que dirixe Kiko da Silva, e vai ser entregada de balde no acto central das Letras Galegas, que se celebrará este xoves 12 ás 19.00 horas no Pazo Provincial

Florencio Delgado Gurriarán
Florencio Delgado Gurriarán

Este xoves presentarase a banda deseñada sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, o autor ao que este ano se dedican as Letras Galegas. A obra, promovida polos departamentos de Lingua e Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, busca achegar a obra do poeta.

Este traballo foi elaborado por estudantes e persoal do Garaxe Hermético, a escola de ilustración que dirixe Kiko da Silva en Pontevedra. A presentación realizarase a partir das 19.00 horas do xoves 12 de maio no Pazo Provincial e as persoas que acudan recibirán un exemplar gratuíto. 

Durante o acto tamén se desenvolverá unha mesa redonda baixo o título 'O retorno de Florencio Delgado  urriarán', coa participación de Miro Villar, Tamara Andrés e Ricardo  uirriarán. Durante o evento interpretaranse poemas do autor musicados por  Shelia Patricia.

O traballo ilustrado foi guionizado por Fernando Llor, con rotulación de textos a cargo de Fernando Iglesias e con Zaida Novoa, Pablo Prado, Miriam Iglesias, Damián Gómez, Eli García, Jorge Fernández, Chano Ripio, Iria Aldegunde, Antonio Recuna, Miguel Rojo, Fonso Barreiro y Mara Méndez como autores das ilustracións baixo a coordinación de Kiko da Silva.

Neste libro, segundo explicou Da Silva, o protagonismo corresponde á xente nova representada en tres mozas que deben entregar un traballo sobre o escritor e van descubrindo con sorpresa a vida e obra de Delgado Gurriarán, persoa comprometida coa terra e que participou nas guerrillas e na loita antifascista. A obra recolle escenas "duras" da Guerra Civil contadas con "elegancia". Ademais, empréganse tratamentos gráficos diferentes nos saltos temporais que se presentan ao longo das páxinas.

Para asistir a este acto é necesario inscribirse na páxina web da Deputación. As prazas outorgaranse por orde de solicitude ata completar a capacidade do espazo.

Arquivado en