O Concello de Meaño programa para a tarde deste domingo 5 de marzo unha obra de teatro chamada 'O Furancho', representada pola compañía Ibuprofeno Teatro.
Esta actividade está enmarcada dentro das actividades que se realizarán no mes de marzo para conmemorar o 8M Día Internacional da Muller, no marco das actividades contra a violencia de xénero do Pacto de Estado exercicio 2022.
'O Furancho' é unha obra na que Marián Bañobre e Isabel Risco que son as protagonistas desta proposta na que dúas emprendedoras terán que salvar distintos obstáculos para levar a cabo o seu soño. A través da metáfora gastronómica preséntanse cuestións como a precariedade cultural ou como nos definen as eleccións que facemos.
Neste furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
Esta actividade vaise realizar no Centro Social de Dena ás 19 horas este domingo, a entrada é de balde ata completar aforo.