Se algo quedou claro enPortAméricaé que Aitana é todo un ídolo de masas, sobre todo entre o público máis novo. No seu concerto, un dos máis esperados desta edición, foron moitos os adolescentes que corearon as súas cancións con gran fervor.
A artista catalá, que chegaba a Portas con nova canción baixo o brazoe que interpretou por primeira vez en directo, volveu triunfar sobre o escenario, desatando a tolemia entre o público, entregado ao espectáculo de canto e baile desta diva patria do pop.
As dezasete mil persoas que abarrotaron a Azucreira de Portas por segundo día consecutivo tamén puideron gozar dos concertos de artistas e bandas consolidadas como Luz Casal, Shinova ou León Benavente, que saciaron a sede musical do público de maior idade.
Xunto a eles, subiron ao escenario este venres Besmaya, Adrian Timms, Sarria, Marilia Monzón, Caloncho o cantante de trap arxentino LIT killah ou os galegos The Rapants, que foron os encargados de botar o peche a esta segunda xornada.
Nos fogóns, os asistentes saborearon os pratos de Begoña Rodrigo (La Salita), Roberto Ruiz (MXRR), Yolanda León + Juanjo Pérez (Cocinandos), Lara Roguez (Abarike), Rocío Parra (En la Parra), Diego López (La Molinera), Anxo Trives (Hostal La Viuda), Fabián Delgado (Palreal), Nagore Irazuegi + Rodrigo Fonseca (Bascoat) ou Lydia del Olmo + Xosé Magallaes (Ceibe).
Entre outras propostas, houbo molete de cochinita pibil, fideua de verduras, berenxena asada, cachorro de bogavante azul, faixiña de lagarto ibérico, sope de cocido, empanada vegana, asador de picaña, taco de orella ou morcilla ou costela asada con cachelos.
O SÁBADO DO PORTAMÉRICA
PortAmérica chegará ao seu fin este sábado cos concertos de Juanes, Arde Bogotá, El Drogas, Lila Downs, Ilegales, Rodrigo Cuevas, El Columpio Asesino, Burning ou Sonido Gallo Negro.
No ShowRocking, pola súa banda, cociñarán Javi Estévez (La Tasquería),Antonio Arrabalde (La Jamada), Dani Carneo (Kaleja), Álex Marugán (Tres por cuatro), Miguel Molina (Molino del Puente), Alejandra Herrador + Emanuel Carlucci (Atalaya),*Édgar Núñez (SUD 777), Iván Domínguez (Nado), Diego Guerrero (Dstage) e Catalina Vélez (Domingo de Vereda).