O FICBUEU invita a pasar o día máis curto do ano vendo curtametraxes

Bueu
20 de decembro 2017

O Centro Social do Mar, en Bueu, acollerá este xoves Saturnalia, unha sesión de cinema infantil ás 17.30 horas e outra para público adulto, que comezará ás 20.30 horas

FICBUEU na Saturnalia
FICBUEU na Saturnalia / Beatriz Pereira/FICBUEU

Este xoves 21 de decembro será o día mais curto do ano e o FICBUEU decidiu celebralo como ben se merece, con proxeccións de curtametraxes. A partir das 17.30 horas, o Centro Social do Mar, en Bueu, o público infantil poderá asistir ao visionado de curtas para escolares, mentres que a partir das 20.30 horas, a sesión será para adultos.

Desta forma celebrarase o 'FICBUEU na Saturnalia', cun prezo de 1 euro en cada pase.

Esta iniciativa inclúese na xornada de 'O día máis curto', que puxo en marcha a Coordinadora da Curtametraxe, na que están previstas ao redor de 500 proxeccións deste formato cinematográfico en máis de 30 países.

En Bueu está previsto que se proxecten catro títulos galardoados no último festival internacional: 'Fox', 'Ruah', ' Wal der echos' e ' Bier & Calippo'. Na sesión infantil ofrecerase nove películas de animación, que forman parte do programa Europe Kids.