O FICBueu 2024 celebrarase do 6 ao 21 de setembro

Bueu
13 de xullo 2024

Un ano máis, ademais das proxeccións da sección oficial a concurso ou doutras coma Descubertas ou GZ_00, na que pode verse o que están a facer as realizadoras e realizadores máis novas, o certame volverá convidar ao público a participar en coloquios, ou en diferentes actividades relacionadas coa sétima arte  

Acto no FICBUEU 2023
Acto no FICBUEU 2023 / FICBUEU

O cine regresa a Bueu entre o 6 e 21 de setembro coa décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBueu.

Un ano máis, ademais das proxeccións da sección oficial a concurso ou doutras coma Descubertas ou GZ_00, na que pode verse o que están a facer as realizadoras e realizadores máis novas, o certame volverá convidar ao público a participar en coloquios, ou en diferentes actividades relacionadas coa sétima arte.

Regresan tamén a música ou a ruta de tapas pola vila mariñeira e, a partir do 16 de setembro, o MINIFIC, co que volverán as actividades con centros de ensino da zona de Bueu ou a sesión familiar de proxeccións.

Ademais, o festival presenta para esta edición unha nova imaxe que está moi relacionada coa proposta deste ano para a sección Retrospectiva, adicada aos principais creadores de cinema experimental da segunda metade do século XX.  

Antes do inicio oficial do festival, haberá proxeccións na praia como xa ocorrera o ano pasado.