O FICBUEU 2022 baixa o pano tras completar o seu palmarés

Bueu
25 de setembro 2022

Completado o palmarés da 15 edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu tras a celebración da Gala Escolas Galegas 2022 co anuncio das curtas gañadoras nas Seccións de Educación Especial, Infantil e Primaria e de Educación Secundaria

Gala Escolas Galegas do FICBUEU 2022
Gala Escolas Galegas do FICBUEU 2022 / FICBUEU

Completado o palmarés da 15 edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu tras a celebración da Gala Escolas Galegas 2022 co anuncio das curtas gañadoras nas Seccións de Educación Especial, Infantil e Primaria e de Educación Secundaria.

O luns anunciáronse as pezas galardoadas na sección de Escolas de Imaxe e Son e Facultades Galegas, onde 'Algas Negras' do IES Audiovisual de Vigo levou o premio de 250 euros en formación audiovisual e o correspondente trofeo.

Na sección de Escolas de Cinema Internacional, 'Yi-Yi' de Giselle Lin da Lasalle College of Arts conseguiu o diploma de finalista nunha axustada disputa coa obra 'The fall of Ibis King' de Mikai Geronimo e Josh O'Caoimh, quenes acadaron unha Mención Especial na categoría.

Esta sétima edición contou co apoio de Kalandraka e a Fundación Novas, conducida por Bea Campos o venres 23 ás 11:30 horas.

O acto incluíu proxeccións de todas as curtametraxes finalistas en cada categoría e, finalmente, fixéronse entrega dos diplomas aos centros participantes e dos galardóns ás pezas gañadoras.

Estas foron 'Que van dicir de nós' do CPI Alcalde Xosé Pichel en Educación Secundaria e 'Carolina e o corvo de ás brancas' do CEIP do Hío en Educación Especial, Infantil e Primaria, ambos premios compostos por 150 euros en formación audiovisual e un galardón.

Os centros finalistas, pola súa banda, foron o CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), o CEIP Do Hío (Cangas), o CEIP Do Carballal (Marín), o CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu) e o CRA Amencer (San Paio) en Educación Especial, Infantil e Primaria, e o IES As Barxas (Moaña), o IES Praia Barraña (Boiro), o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), o IES Terra de Trasancos (Narón) e o CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco) en Educación Secundaria.

Na xornada de tarde continuou a programación do Minific cun obradoiro de storyboard da man de Gáidil Bueu, o Consertasso na Horta a cargo do músico Brais das Hortas, unha degustación de Kombucha por parte de Meraki Ferments e cunha sesión de proxección da Sección Curtas en Familia na que se visualizaron ata oito pezas internacionais para o público familiar.