O festival meco "Nos seus pés" presenta o cartel completo

O Salnés
28 de setembro 2024

O festival solidario celebrarase do 18 ao 20 de outubro na Praza do Corgo do Grove e contará con tapeo, sesións vermú, sesións nocturnas e paella solidaria

Presentación do cartel do festival "Nos Seus Pés"
Presentación do cartel do festival "Nos Seus Pés" / "Nos Seus Pés"

O festival "Nos Seus Pés" prepara todo para a súa sexta edición e este sábado presentou na Praza de Arriba do Grove o seu cartel completo para os días 18, 19 e 20 de outubro. 

Un ano máis, "Nos Seus Pés" unirá á veciñanza do Grove e visitantes para recadar fondos para organizacións humanitarias como Proem-aid, que realizan programas de atención a persoas migrantes nas Illas Canarias.

O venres 18, levarase a cabo un tapeo solidario na Praza do Corgo da man do grupo Nove e cociñeiros locais, que contará tamén cunha sesión de DJ C. Groove e DJ Permanente. 

O sábado 19, haberá sesión vermú con Pauliña e Michu da Rocha (e Especial Vellos Tempos por Paradanda), actividades infantís "Nos seus Pesiños" no "El Patio" e unha sesión nocturna con Leria, The Lelli Kelly’s, Playa Desmayo e DJ Rapante. 

Por último, o festival despedirase o domingo 20 no Náutico de San Vicente do Mar cunha paella solidaria con Javi Olleros e actuacións durante a tarde de Adrián Timms, Mascada e Kiko & The Blues Refugees.

Durante a presentación na que se anunciou a programación definitiva da VI edición a coordinadora do festival, Mar Benavides, destacou a gran variedade de actividades "para todos os gustos" e animou á xente de todas as idades a participar de sensións diurnas e nocturnas, agradecendo a colaboración de todos os veciños da vila.