O FICBUEU anunciou esta semana a apertura da convocatoria da súa sección escolas para a 16ª edición do festival.
Tratase dunha sección que dende hai varios anos configura un espazo dentro do festival adicado ao traballo audiovisual que se está a realizar nos centros de ensino e nas facultades e escolas de cinema.
A Sección Escolas conta con tres categorías competitivas: Educación Especial, Infantil e Primaria e Educación Secundaria, ambas para os centros galegos e Facultades e Escolas de Cinema, aberta tanto institucións internacionais como de toda Galicia.
As bases da convocatoria e o formulario inscrición das curtametraxes poden atoparse na páxina web do certame que permanecerá dispoñible ata o 15 xuño, día no que pecha a participación.
As obras seleccionadas para conformar a Sección Escolas FICBUEU 2023, serán anunciadas o 1 de agosto de 2023 e poderán optar a un dos catro premios da sección: Mellor Curtametraxe de Educación Primaria: Trofeo e material audiovisual por valor de 150 euros, Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria: Trofeo e material audiovisual por valor de 150 euros, Mellor Curtametraxe de Escolas Intenacionais, e Mellor Curtametraxe de Escolas de Imaxe e Son e Facultades: Trofeo + Formación audiovisual por valor de 250 euros.
As curtas gañadoras coñeceranse durante Gala Escolas Galegas FICBUEU 2023 que terá lugar en setembro durante a semana do MiniFIC en colaboración con Kalandraka e a Fundación Novas.