A cuarta edición do festival Galegote Rock regresa os días 13, 14, 15 e 16 de maio. Unhas xornadas nas que os grupos locais e internacionais se dan cita en Pontevedra para achegar a música pop, rock e jazz aos pontevedreses.
Os bares da cidade como el Pequeño, la Gramola, a Cervecería Trueque, O Grifón, Lusco e Fusco e a sala Karma, adaptarán o seu horario para este festival de día ademais de servir pinchos típicos. A praza Méndez Núñez e a praza das Cinco Rúas tamén serán localizacións que acollerán esta edición do Galegote Rock. Nesta ocasión os concertos do festival serán totalmente gratuítos.
A iniciativa organizada pola Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra e producida por Pontevedra ao Vivo pretende achegar a mellor música das bandas galegas ao público e promover os grupos que usan o galego como lingua para as súas cancións. Ademais de traer internacionais, como os grupos portuguese que actuarán en el festival, e os grupos de renome Narf e Caxade, que contan con premios e nominacións en certames como o de Mestre Mateo ou Premio da Música Martín Codax.
Os grupo portugueses The Bird Are Indie e A Jigsaw, que actualmente se encontran de xira, virán a Pontevedra para actuar o venres e o sábado no festival xunto ao resto de grupos que conforman o cartel principal.
A programación para estes catro días será a seguinte:
- Mércoles 13 de maio. En El Pequeño.
- Grupo Narf ás 21.30 horas
- Xoves 14 de maio.
- En El Pequeño. Xornadas de Jazz: David Regueiro - Swingtet ás 22.00 horas
- Sala Karma. Grupo A Jigsaw ás 22:00 horas
- Vernes 15 de maio.
- Bar La Gramola. Grupo The Birds Are Indie ás 21.30 horas
- Cervecería Trueque. Grupo Querido Extraño ás 22.30 horas
- Sábado 16 de maio.
- Bar el Pequeño. Sesión O Xabarín de Bora DJ ás 12.00 horas
- Plaza Méndez Núñez. Grupo A Jigsaw ás 14.00 horas
- Plaza Méndez Núñez. Grupo Os Amigos dos músicos ás 15.00 horas
- Bar O Grifón. Grupo Mike Grelo e Curmán ás 16.00 horas
- Bar Lusco e Fusco. Concierto de Leo I Arremecághona ás 17.00 horas
- Plaza Cinco Calles. Grupo Caxade ás 18.00 horas
- Bar el Pequeño. Grupo The Birds Are Indie ás 19.00 horas
- Sala Karma. Grupo Superoito ás 20.30 horas
- Sala Karma. Grupo Martelo ás 21.30 horas