O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu este luns a José Luiz Oubiña e Xoán Mariño membros da Asociación Fotográfica Proxecta, que lle trasladaron a súa intención de poder desenvolver o seu Festival de Fotografía en Cambados "complementando así as actividades que se van celebrar nesta vila este verano tendo en conta a celebración do 25 aniversario da Denominación de Orixe Rías Baixas e de La Vuelta Ciclista a España".
Deste xeito, a intención da asociación é desenvolver este Festival entre estas actividades, na segunda quincena de agosto. "Trátase dunha actividade cultural baseada na fotografía e dirixida a todos os interesados en esta faceta artística e comunicativa, ademais de, por suposto, o público en xeral", explicou Oubiña. "O noso obxectivo céntrase en impulsar a actividade cultural en Cambados utilizando a fotografía coma linguaxe e medio universal de comunicación".
Todas as actividades que se desenvolvan dentro deste VI Festival, serán, segundo apuntou pola súa banda Xoán Mariño, "accesibles ás persoas que paseen polas distintas rúas da cidade". Deste xeito, programaríase unha exposición fotográfica que reuniría as mellores imaxes fotoxornalísticas feitas polos reporteiros de Portugal e dos países luso falantes, así como unha sesión nocturna con proxeccións de fotografías ao ar con traballos de fotógrafos nacionais e internacionais. Charlas, obradoiros e incluso un mercadillo completarían a oferta do Festival.
Ata o de agora Vilagarcía foi a sede das anteriores edicións do festival.
A Asociación Proxecta, segundo apuntaron os seus responsables, aposta pola utilización de espazos urbáns para usos culturais e a exploración de formatos, soportes e espazos expositivos non convencionais en relación ao fotográfico. "A fotografía reconcíliase e reencóntrase co público, coa xente da rúa que alimentou as cámaras dende a súa invención. Ese é o noso principal obxectivo", engadiu Oubiña. "O máis importante deste evento é que a mostra sae a rúa e entrégase por igual a todo tipo de público".