O columnista colaborador de PontevedraViva, Manuel Pérez Lourido, presentará o vindeiro mércores 6 de novembro ás 20.00 horas o seu novo poemario, un libro que publica a Editora Urutau e que leva por título 'Pásame un cabalo polo peito'.
Nesta presentación participarán, ademais do autor, a poeta Tamara Andrés e o escritor ferrolán Xesús Constela, que tamén realizan a súa achega referencial nesta publicación.
Manuel Pérez Lourido é profesor de inglés en Pontevedra e autor dos libros de poemas 'Vertebras e lóstregos' (2012) e 'Después daré un grito' (2017). Tamén publicou un libro de narracións que leva por título 'Quedarse en Pontevedra' (2013).
A presentación vai realizarse no Espazo Nemonon, en Villa Pilar, na rúa Riestra. A entrada é libre.