O Edificio Castelao acolle ata o 9 de xuño unha exposición sobre Berta Cáccamo

Pontevedra
11 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Museo de Pontevedra inaugura este venres 12 de abril ás 19:30 horas, a exposición 'Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo'  

Celso Álvarez Cáccamo e Rafa Domínguez
Celso Álvarez Cáccamo e Rafa Domínguez / Deputación de Pontevedra

O Museo de Pontevedra inaugura este venres 12 de abril ás 19:30 horas, a exposición 'Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo' que estará aberta no Edificio Castelao ata o 9 de xuño.

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez participou este xoves unha visita xunto cos medios de comunicación mentres se ultima a montaxe deste proxecto expositivo que está concibido especificamente para este museo, abordando unha perspectiva inédita ou pouco explorada como é a importancia do arquivo de Berta Cáccamo.

A mostra aborda ese arquivo desde unha visión complexa e expandida, repasando as conexións directas coa súa pintura e coa súa obra en papel ao longo de toda a súa traxectoria artística. 

A mostra exhibe ao redor de 40 pinturas e máis de 30 debuxos e inclúe 15 vitrinas nas que se mostran 30 cadernos, diarios e libros de artista; fotografías de obras, persoais e de viaxes, e 26 obxectos que axudan ao espectador para entender o seu universo estético. 

Rafa Domínguez explicou que "todos estes arquivos que van estar ligados y depositados en el Museo de Pontevedra" e ademais "serán la base de un profundo trabajo que vamos a desarrollar para seguir ligando el nombre de Berta Cáccamo, una figura fundamental de las artes de finales del siglo XX y XXI, a Pontevedra", afirmou.

Neste percorrido pola mostra tamén participaron o comisario da exposición Juan de Nieves, a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, e o representante do Legado Berta Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, ao que Domínguez agradeceu a súa xenerosidade debido a que o arquivo da pintora, agora xestionado polo Legado, pasará ao Museo de Pontevedra co fin de que o conserve, ordene e difunda publicamente.

O vicepresidente da Deputación enmarcou esta exposición aos pasos que se están dando para "convertir a la ciudad de Pontevedra en la capital cultural por excelencia, con una programación única, que nos está permitiendo elevar el Museo de Pontevedra a un nivel nunca antes alcanzado".

O Legado foi constituído en 2018 por familiares e amigos da artista viguesa, despois do seu prematuro falecemento, co obxectivo de manter viva a súa memoria e de difundir a súa obra. 'Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo' é o colofón deste traballo de posta en valor. É ademais, parte dun obxectivo máis ambicioso de preservar a memoria da que foi profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 

A exposición complétase cunha programación paralela. O 3 de maio, Xosé María Álvarez Cáccamo realizará unha lectura pública do seu poema 'Berta' e o 7 de xuño, o Museo reunirá aos directores e xefes de coleccións dalgúns dos principais centros de arte en España nun seminario para reflexionar sobre o papel dos arquivos de artistas como ferramentas de investigacións nos museos.