O documental marinense, "Devolvendo o golpe", gaña os premios do xurado e do público no Festival Primavera do Cine, de Vigo.
A longametraxe documental que narra a historia de superación do boxeador marinense, Aarón González, fíxose cos dous máximos galardóns do veterano festival.
"Devolvendo o golpe" está escrito e dirixido polo realizador e xornalista marinense Carlos Prado Pampín e producido por Trece Amarillo. É o primeiro festival de cinema no que participa despois de que tivese a súa preestrea no cinema Seixo de Marín, durante o pasado mes de xullo.
A documental conta coa axuda e patrocinio da Deputación de Pontevedra, o concello de Marín e concluíu o seu financiamento cunha campaña de micromecenado que foi apoiada por 140 persoas.
Aarón González, o recente tricampión de España de boxeo olímpico, foi atropelado por un coche cando tiña 10 anos mentres esperaba ao autobús escolar. Grazas ao apoio de Rosa, a súa nai, tentará, non só volver camiñar, senón cumprir o seu soño de ser campión de España de boxeo.