O debuxante de Bueu, Luís Davila, recoñecido humorista gráfico, será unha dos grandes atractivos de editoriais galegas que pasará durante estas festas do Nadal pola Libraría Paz de Pontevedra.
Nesta ocasión, a cita está prevista para o xoves 15 de decembro a partir das 18.00 horas. Alí asinará exemplares de 'O Bichero' a todas as persoas que asistan.
Ao día seguinte, venres 16 de decembro, a partir das 19 horas, será a quenda do autor de Banda Deseñada Alfonso Barreiro (Fon), formado no Garaxe Hermético, que dirixe Kiko da Silva. Presentará 'Gazafellos', publicado por Aira Editorial. Neste acto, o debuxante estará acompañado polo editor César Lorenzo.
Xa o sábado 17, ás 12.30 horas, a librería celebrará unha nova sesión de Vermú entre libros coa escritora e narradora oral Paula Carballeira.
A autora conversará coa xornalista Lara Rozados das súas últimas obras, tanto teatrais como de poesía. Os seus últimos traballos literarios son 'As alumnas', publicado por Galaxia e 'Hai quen escolle os camiños máis longos', editado por Positivas.