O Correlingua congrega a 1.500 escolares baixo o lema: "O galego é a fórmula"

Pontevedra
16 de maio 2019

Ademais da carreira, no acto houbo diferentes actividades e actuacións musicais. Luís O Caruncho foi o encargado de presentar este Correlingua 2019 no que, alén da entrega de agasallos, os participantes gozaron da actuación dun dos grupos gañadores do Cantalingua: Paulinha

O Correlingua congrega a 1.500 escolares baixo o lema: "O galego é a fórmula"
O Correlingua congrega a 1.500 escolares baixo o lema: "O galego é a fórmula" / Monica Patxot

Baixo o lema "O galego é a fórmula", os estudantes dos colexios e institutos da comarca de Pontevedra encheron un ano máis as rúas da cidade de cantos, berros e alegría… en galego.

A carreira saiu da Praza da Ferraría para percorrer as rúas da cidade.

Ademais da carreira, no acto houbo diferentes actividades e actuacións musicais. Luís O Caruncho foi o encargado de presentar este Correlingua 2019 no que, alén da entrega de agasallos, os participantes gozaron da actuación dun dos grupos gañadores do Cantalingua: Paulinha.

O Correlingua persegue os obxectivos de propiciar a reflexión sobre a situación lingüística e a necesidade da defensa da lingua desde a mocidade e a infancia, asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas e lúdicas, e contribuír a manter vivo o patrimonio, implicando ás novas xeracións. A través desta proposta de carácter lúdico-educativo convídase á mocidade e á infancia, desde os centros de ensino, a reivindicar públicamente o dereito a medrar en galego e a exercer de maneira efectiva como galegos a través do uso deste idioma.

O Correlingua pechou na Boa Vila a edición do 2019, foi a última das doce etapas nas que se dividiu este ano. 

Nesta edición do Correlingua colaboraron as librarías pontevedresas: Paz, Seijas, El pueblo, Nóbel, Escolma, Clip, Aviones de papel e D Lectum; e das editorias pontevedresas OQO e Kalandraka, que cederon os lotes de libros que se repartiron entre os centros participantes. 

Os centros educativos que fixeron o Correlingua foron: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES de Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín Sarmiento, CEIP San Martiño, CPR Santiago Apóstol, CEIP A Lama, CEEPR Amencer-Aspace, CEIP Santo André de Xeve, CPR Salesianos A Mercé, CEIP Marcos da Portela, CPI de Meis, IES A Xunqueira 1.