O Concello do Grove presenta o Maio das Letras

O Salnés
13 de maio 2017

O Concello e varias asociacións culturais presenta unha programación ampla para celebrar as letras galegas deste ano

Carlos Casares é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017
Carlos Casares é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017

A partires do sábado 13 de maio e ata o dı́a 31 deste mesmo mes o Concello do Grove acollerá todo tipo de actividades culturais e lúdicas vencelladas directa e indirectamente coas Letras Galegas. A rede de bibliotecas do Grove ten organizado actividades de dinamización lectura en torno a lingua galega e á figura do homenaxeado deste ano.

Xa na vı́spera das letras, a Praza do Corgo acollerá o concerto do grupo "Gelrı́a". Ademais doutras actividades, o acto central do dı́a 17 de maio celebrarase na Praza de Arriba coa Feira do Libro, a cargo de librarı́as locais.

Dende o Concello do Grove buscouse unha variedade na oferta das actividades polo que haberá música, conferencias, exposicións e incluso cine, coa programación do filme "Peregrinaxe" ou a exhibición da curta "Vento Ferido" que poderá verse na Sala das Cunchas o dı́a 19.

Pero sen dúbida resulta fundamental a colaboración das asociacións culturais do Concello que, como ven sendo habitual, teñen deseñado actividades para este mes. Deste xeito Paradanda, Cantodorxo, Os Firrás, o colectivo poético Xanela Aberta, a coral da confrarı́a de San Martiño e incluso a ONG local "Por unha sonrisa" fan as súas propostas concretas.

Ademais, o Concello destaca a colaboración do local "El Patio", que ten coordinado a súa programación coa municipal para evitar coindencias. 

Arquivado en