O Concello do Grove acolle o concerto de Gelria, primeiro evento de Cultura no Camiño

O Salnés
15 de maio 2017

Este martes 16 de maio, ás 19.00 horas a Praza do Corgo terá lugar o concerto da banda galega Gelria dentro da programación de Cultura no Camiño. Trátase dunha das actuacións estrela da ampla programación cultura do Concello do Grove que permite traer ata a vila meca unha banda de referencia

Gelría
Gelría

Este martes 16 de maio, ás 19.00 horas, na Praza do Corgo terá lugar o concerto da banda galega Gelria dentro da programación de Cultura no Camiño. Trátase dunha das actuacións estrela da ampla programación cultura do Concello do Grove que permite traer ata a vila meca unha banda de referencia.

A interesante proposta musical deste grupo permitirá poñerlle música aos poemas do escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, sendo unha oportunidade única para achegarse aos seus últimos traballos, pero tamén as sú as pezas anteriores amplamente coñecidas.

Gelria é un grupo de música galega creado no ano 2014. O grupo está composto por Elena Tarrats (voz), Federico Mosquera (piano) y Mario G. Cortizo (percusión).

CASA DA CULTURA ÁNGEL VÁZQUEZ HEREDER EN SAN VICENTE

Durante o vindeiro mes de xullo o Concello do Grove acometerá reformas de mantemento na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder. Estas obras prográmanse nun período sen actividades dentro deste espazo, para non interferir na súa actividade habitual, especialmente a desenvolta por diversas asociacións culturais.

Estas melloras levan varios anos agardándose xa que os problemas de humidade resultan graves nalgunhas zonas do inmoble. Para a posta en marcha da mesma será preciso un orzamento de máis de 6.000 euros. 

Arquivado en