O colexio Marcos da Portela gaña o Premio do Público do XVII Salón do Libro

Pontevedra
16 de maio 2016

Conseguiu 138 votos do total de máis de 1.300 emitidos polos asistentes ao Salón, de modo que foi o máis votado. Os seguintes colexios clasificados foron o CEIP Vilaverde de Mourente, con 118 votos; e, moi igualados, o CEIP Xunqueira 1 (105) e o Santiago Apostol de Soutomaior (102)

Actividades do Salón do Libro 2015
Actividades do Salón do Libro 2015

O CEP Marcos da Portela fíxose este ano co Premio do Público do XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 'Canta bichería!'. Conseguiu 138 votos do total de máis de 1.300 emitidos polos asistentes ao Salón, de modo que foi o máis votado.

O traballo gañador representaba diferentes ecosistemas e os bichos que neles habitan, bicherío da costa, da horta e do bosque feitos con cartón cartulina, pasta e diferentes materiais acompañado de diferentes contos.

Os seguintes colexios clasificados foron o CEIP Vilaverde de Mourente, con 118 votos; e, moi igualados, o CEIP Xunqueira 1 (105) e o Santiago Apostol de Soutomaior (102).

Os máis de 32.000 asistentes ao Salón puideron votar entre un total de 45 traballos elaborados por alumnado de colexios de Pontevedra, Ponte Caldelas, Vilagarcía, Cangas, Vigo ou Rianxo. A maioría foron maquetas acompañadas de libros.

Todos os centros recibiron votos por parte do público visitante, co que se pon en valor o traballo de alumnado e profesorado.