Coma se de un agasallo de reis se tratase, o cineclube inaugura o novo ano coa primeira das proxeccións programadas para xaneiro. Este será un mes dedicado á figura da realizadora francesa Agnés Varda, no que se poderán gozar de tres obras da súa filmografía.
O ciclo dará comezo mañán martes 7 coa proxección de 'Cléo de 5 a 7', que se fará seguindo o formato habitual das citas do cineclube: no Teatro Principal ás 20:30 horas cun prezo de entrada de tres euros para unha sesión en versión orixinal con subtítulos. As cotas trimestrais e anuais do Cineclube mantéñense en 18 e 60 euros respectivamente.
En 'Cléo de 5 a 7' seguimos a figura dunha cantante que agarda con ansiedade os resultados dunha proba médica que poderían confirmar se sofre ou non de cancro.
Forzada a afontar a perspectiva dunha enfermidade terminal, a artista nova reevalúa o seu sistema de crenzas ao redor do en que consiste levar unha vida significativa. Estamos ante unha cinta na que se atopan presentes os habituais temas existencialistas e de realismo social que caracteriza ao cinema de Agnès Varda.
Ficha
Título: Cléo de 5 a 7
Director: Agnès Varda
Ano: 1962
País: Francia, Italia
Duración: 90 min.
Idioma: Francés