Puntual á cita de cada mes, o ciclo Docs Barcelona volve mañán luns 13 ao Teatro Principal para achegar o último en cine documental á cidade pontevedresa. Para o mes de xaneiro proxectarase 'Os testemuños de Putin', unha cinta que narra a intrahistoria do ascenso ao poder do actual presidente ruso. A proxección, que se realizará en versión orixinal con subtítulos, comezará ás 20.30 horas e terá entrada de balde ata completar o aforo.
Froito dun traballo de documentación co material captado durante os seus anos traballando como funcionario na televisión estatal rusa, Vitaly Mansky traza en 'Os testemuños de Putin' un mapa que vai desde a renuncia de Boris Yeltsin ata a subida ao poder de Vladimir Putin.
Esta operación de sucesión esconde moito máis do que se ve a primeira ollada, e tórnase nun relato sobre o poder e a traición, que serve como advertencia e testemuña da rapidez coa que ocorre a perda da liberdade.
Ficha
Título: Os testemuños de Putin
Director: Vitaly Mansky
Ano: 2018
País: Letonia, Suiza, República Checa
Duración: 102 min.