O chamán Neønymus encherá de música o Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro

Umia
28 de xullo 2017

Un dos protagonistas artísticos da actualidade ofrecerá un obradoiro de música prehistórica 'Historia inventada da música inventada' para escolares e un concerto do seu último disco 'Ultrahumano' na tarde deste sábado 29

Neønymus
Neønymus / Neønymus

Neønymus é coñecido como o "Chamán do son", grazas á definición do popular Iker Jiménez. Este artista asistirá na tarde deste sábado 29 de xullo ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) para ofrecer un taller de música prehistórica para escolares baixo o título 'Historia inventada da música inventada' e un concerto do seu último disco 'Ultrahumano'.

Estas actividades inclúense dentro do programa cultural que o PAAR vai desenvolver durante este verán para que os visitantes experimenten diferentes sensacións nunha contorna de Arte Rupestre e de Prehistoria. Neønymus, o proxecto de Siberius de Ura, comezará a partir das 18.00 horas o seu taller cun concerto interactivo para todos os públicos no que propón un percorrido imaxinativo pola música desde a prehistoria ata a actualidade. Os asistentes poderán participar dalgunhas das composicións.

A segunda parte será un concerto, a partir das 20.00 horas, no que se evocan escenas da Prehistoria, con rituais tribais, harmonías medievais e tamén música contemporánea, con presentacións humorísticas.

A actividade é gratuíta coa entrada ao Parque. Aquelas persoas que queiran reservar a entrada poden chamar ao 886.151.195 ou a través do correo reservas@paar.es

Arquivado en