Con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro que se conmemora o 27 de marzo, o alumnado do CEIP de Ponte Sampaio realizou diversas actividades para achegarse ao mundo das artes escénicas e de traballar a expresión oral e escrita mediante a interacción co conto e co debuxo.
Nenos e nenas puideron gozar do mundo do teatro grazas ás iniciativas organizadas polo centro. Voluntarios da biblioteca encargáronse de teatralizar unha obra no mesmo centro, proxectouse unha película, e outra parte do alumnado de infantil foi ao teatro para ver a obra 'Mai Mai' de Baobab Teatro.
Tamén tiveron a visita dos integrantes de Polo Correo do Vento que realizou un obradoiro titulado 'Mario pensaba que o galego non servía para nada' dirixido a estudantes de Infantil e de 1º e 2º de Primaria.