O CEIP de Ardán está de celebración ao recibir o Premio do Público na VII edición dos premios escolares "Cantamos con las manos", que organiza a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
O colexio fixo unha versión en galego a canción "Nada tiene sentido", de Javier Lago, e interpretouna nun vídeo mediante lingua de signos para así sensibilizar e chegar ao maior número de xente posible.
O cantante pontevedrés mostrouse moi ilusionado co resultado porque "lle dá unha nova vida á canción", ademais de sorprendido polo alcance que está a ter.
Ademais do colexio marinense e despois das deliberacións pertinentes, o xurado concedeu o Premio do Xurado ao CRA de Culleredo, na Coruña; e as tres Menciones de Honra ao IES Xesús Taboada Chivite, de Verín, Ourense; ao CEIP de Novo Mesoiro, da Coruña, e ao IES de Foz, de Lugo.
A gala de entrega de premios celebrarase o 30 de maio.