A sala de exposicións da delegación da Xunta de Galicia en Campolongo acolle ata o próximo 29 de maio a mostra "Castelao", que homenaxea ao popular artista de Rianxo.
A exposición reúne fondos da colección do pontevedrés Roberto Taboada sobre Castelao.
Nela, o público pode contemplar reproducións de ilustracións e viñetas que Castelao publicou en diferentes xornais e cabeceiras, entre elas A Nosa Terra.
Roberto Taboada é propietario dunha das coleccións privadas máis extensas sobre a obra do intelectual galeguista por excelencia e gran parte deste material exhíbese nesta mostra.