O Canteira Fest inclúe, na que é a súa quinta edición, o I Concurso Novos Valores Felicia Insuela coas propostas musicais de Filloas, Treba, Coruxeiras, Noite Atari, Ainhoa Martínez, Gallego Común e Cazacús.
Cada unha delas conta, desde a tarde do mércores, cun vídeo cantando cancións propias no Instagram e no Facebookdo festival. O martes 8 de agosto ás 12:00 horas pechararse a primeira parte desta selección e os cinco vídeos con máis "gústame" pasarán a seguinte fase.
A segunda fase consistirá nunha actuación de cada proposta seleccionada en diferentes lugares do concello de Vilaboa e, o 29 de agosto, anunciarán a proposta gañadora que actuará como teloneira o 15 de agosto na Canteira de Paredes.
"É a primeira vez que o facemos e cremos que foi un éxito", admiten desde a organización, que proporciona "un espazo para proxectos musicais pouco coñecidos e así darlles a oportunidade de participar no cartel deste ano".