O Black Hole aterra de novo no mercado de abastos

Pontevedra
15 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O gastromercado da praza de abastos de Pontevedra será o escenario, este venres 15 de marzo ás sete da tarde, dunha nova edición do Black Hole, o evento musical con micro aberto que convida a todos os cidadáns a subirse ao escenario e cantar  

Black Hole, con sesión de micro aberto, no Campiño de Santa María
Black Hole, con sesión de micro aberto, no Campiño de Santa María / PontevedraViva

O gastromercado da praza de abastos de Pontevedra será o escenario, este venres 15 de marzo ás sete da tarde, dunha nova edición do Black Hole, o evento musical con micro aberto que convida a todos os cidadáns a subirse ao escenario e cantar.

Para participar só hai que apuntarse nunha lista, decidindo que canción queres interpretar e esperar a quenda para demostrar ao público os dotes musicais de cada un.

A organización do Black Hole lembra que o mercado "é un lugar delicado para ecualizar o son", polo que esta edición servirá para "saber se é viable seguir metendo a batería ou se debemos reconverter o formato a algo máis acústico".

Ademais, como é habitual, xunto coa oferta musical haberá unha vertente máis artística.

Así, o mercado acollerá durante o Black Hole unha exposición da artista plástica Marián Vecino, que mostrará ao público unha selección das súas obras máis recentes.