O BDra Gráfica, un dos festivais onde os autores "nos sentimos más a gusto"

Pontevedra
28 de xuño 2024

Así o sinalaron Max, Émile Bravo, Miguelanxo Prado e Bartolomé Seguí, tras reunirse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e co edil de Cultura, Demetrio Gómez. "Es en estos festivales donde nos encontramos entre nosotros y charlamos de nuestros problemas y nuestras alegrías", sinalan

Max, Émile Bravo, Miguelanxo Prado e Bartolomé Seguí, co alcalde de Pontevedra
Max, Émile Bravo, Miguelanxo Prado e Bartolomé Seguí, co alcalde de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Catro dos autores máis destacados que están a participar estes días en BDra Gráfica, o festival de banda deseñada impulsado por Kiko da Silva, celebraron este venres o papel que teñen eventos como este para "popularizar" o cómic entre a cidadanía.

Así o sinalaron Max, Émile Bravo, Miguelanxo Prado e Bartolomé Seguí, tras reunirse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e co edil de Cultura, Demetrio Gómez.

Max explicou que, para ellos como autores, estar nestes festivais "que siendo pequeños en tamaño son grandes en ambición", é onde os artistas "nos sentimos más a gusto". Os eventos máis grandes "nos tienen todo el día esclavizados dedicando libros en sesiones larguísimas".

"Es en estos festivales donde nos encontramos entre nosotros y charlamos de nuestros problemas y nuestras alegrías", engadiu o autor catalán, para quien Pontevedra "es una ciudad ideal para un festival como este". Espera que "mantenga su espíritu" en próximos anos.

Pola súa banda, Bartolomé Seguí destacou a renovación que se está a producir no sector, coa chegada de novos autores e autoras "que han introducido temáticas que están llegando a un público nuevo", polo que poder compartir co público estas obras "siempre es muy agradable".

A todo iso, Émile Bravo engadiu que "lo bueno" que ten eventos como BDra Gráfica "es que los vemos como un principio, porque están muy pegados a la infancia, lo que nos convierte en una especie de misioneros del cómic".

A diferencia tamén está, segundo Miguelanxo Prado, na relación "moito máis humana e distendida" que se establece co público, o que fai que se forme un "ecosistema máis sano para todos os que estamos arredor da mesa", un modelo que "hai que protexer e coidar".

Despois desta recepción, Fernández Lores asegurou que "estamos encantados" de como está a funcionar esta cita cultural, que está atraendo "olladas diversas" ata a Praza da Ferrería e que, se non hai impedimento, terá continuidade nos próximos anos.

"Só podemos amosar o noso agradecemento a todos os autores e autoras que se achegaron ata a cidade e que xa están gozando dela", destacou o alcalde.

O director de BDra Gráfica, Kiko da Silva, lembrou que "aínda queda moito festival por diante", despois das primeiras charlas e inauguracións que compoñen o programa deste evento, que inclúe tamén exposicións, presentacións de obras e encontros con autores e autoras.

Da Silva asegurou que "estamos moi orgulloso da acollida que a cidade está a dar ao festival", especialmente aos libreiros "que non dubidaron nin un intre" en colaborar con BDra Gráfica ou aos editores que apostaron por presentar os seus títulos en Pontevedra.

Coa edición deste ano, segundo o seu responsable, "demos un salto importante", logrando que a intensa programación "estea a sementar algo grande para Pontevedra" e que esperan consolidar en anos sucesivos para que a cidade "respire banda deseñada" con un evento de referencia.