"O auto do Castromil" fai parada en Ponteatro

Pontevedra
18 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Unha viaxe en transporte público pola Galicia inconsciente. É o pano de fondo de O auto do Castromil, a obra que a compañía Producións Excéntricas representará o vindeiro xoves 21 de marzo, ás nove da noite, no Teatro Principal de Pontevedra

Escena de "O auto do Catromil"
Escena de "O auto do Catromil" / Producións Excéntricas

Unha viaxe en transporte público pola Galicia inconsciente. É o pano de fondo de O auto do Castromil, a obra que a compañía Producións Excéntricas representará o vindeiro xoves 21 de marzo, ás nove da noite, no Teatro Principal de Pontevedra.

O novo espectáculo que oferta o ciclo Ponteatro está protagonizado polos actores Víctor Mosqueira, Rocío González, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.

A obra, que gañou a terceira edición do concurso de proxectos convocado pola Fundación Manuel María, desenvólvese nunha viaxe onírica a bordo dun autobús.

Os pasaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e outras equipaxes amotínanse, cobran vida e percorren unha curiosa historia de Galicia, combatendo a nosa amnesia conxénita utilizando autos populares e farsas do Manuel María.

Neles, aparece a alucinante historia dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e volve rebelarse. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito 'entroidesco'.

O auto do Castromil está elaborado con fragmentos de cinco obras do autor chairego: A rebelión dos baús, O auto dos semulados da Caravilla, Unha vez foi o trebón, Abril de lume e ferro y Entremés da OTAN.