O artista Camilo Camaño doa libros ás bibliotecas de Bueu

Bueu
15 de decembro 2017

O obxectivo desta entrega é "tentar que a arte e a cultura cambie o mundo", segundo apunta o pintor de Cangas do Morrazo

O artista Camilo Camaño doa libros ás bibliotecas de Bueu
O artista Camilo Camaño doa libros ás bibliotecas de Bueu / Concello de Bueu

O artista cangués Camilo Camaño Xestido realizaba este xoves unha doazón de libros de Cásaa Museo A Magallona ás bibliotecas dos centros educativos da vila de Bueu e tamén ás bibliotecas de titularidade municipal.

O obxectivo desta entrega é, segundo o pintor e escultor, tentar que a arte e a cultura cambie o mundo. Por este motivo,  Camaño quere contribuír a esta causa dando a coñecer este material en todos os espazos nos que se poida difundir.

O acto desenvolveuse no Centro de Asociacionismo de Bueu ( CDA), coa presenza da concelleira de Educación, Teresa López, o edil de facenda que tamén é integrante da Fundación A Mangallona, ademais de representantes dos centros educativos do municipio.