A nova xira de Leiva reserva unha data en agosto para Sanxenxo

Sanxenxo
23 de novembro 2024
Actualizado: 10:29

Leiva será un dos cabezas de cartel da nova edición do festival Costa Feira de Sanxenxo. O seu, o primeiro concerto anunciado para o festival, será o sábado 2 de agosto

Leiva, nunha imaxe promocional
Leiva, nunha imaxe promocional / Leiva

Tras despedirse dos escenarios "por un tiempito", como el mesmo anunciaba hai case un ano, Leiva volve á estrada. Farao cunha xira na que presentará o seu novo disco, Gigante.

E entre os trinta concertos que xa confirmou dentro deste novo tour, haberá dous en Galicia. Un será na Coruña (12 de xullo), pero o outro será moito máis cerca.

Leiva será un dos cabezas de cartel da nova edición do festival Costa Feira de Sanxenxo.

O seu, o primeiro concerto anunciado para o festival, será o sábado 2 de agosto.

Gigante devolverá a primeira plana a un artista en xenuíno estado de graza, henchido de xenialidade, que transpira rock, paixón e mestría a gallarón.

O disco estará dispoñible na primavera do ano que vén, pero o artista presentou xa Gigante e Bajo presión, os dous primeiros temas que quixo adiantar deste novo traballo.

Esta será o seu sexto disco de estudo e nel Leiva, ademais da súa voz, faise cargo do baixo, da guitarra e até da batería, rodeado dun equipo de extrema confianza.

O abafador éxito do seu anterior tour, Cuando te muerdes el labio, levouno a dar case dous anos seguidos de concertos e con ela gañou o Premio da Academia da Música á mellor xira.

As entradas para a xira de concertos de Leiva activarase o próximo 27 de novembro a través de leivaentradas.com, segundo adianta a oficina de promoción do artista.