'Nosoutras', o libro de relatos que recolle a visión literaria de María Victoria Moreno sobre as mulleres

Pontevedra
26 de maio 2018

Este venres a Casa da Luz acollía a presentación deste volume, editado por Urco, onde se suman diversos relatos de diferentes etapas creativas da autora homenaxeada con motivo do Día das Letras Galegas 2018

Presentación de 'Nosoutras', de María Victoria Moreno
Presentación de 'Nosoutras', de María Victoria Moreno / Mónica Patxot

Sete textos de María Victoria Moreno compoñen 'Nosoutras', un volume de relatos que sae á luz da man de Urco Editora. Este venres presentábase na Casa da Luz coa presenza da filla e o home da escritora, ademais da concelleira Anabel Gulías; Xavier Senín, encargado da traducción á lingua galega dos textos que orixinalmente foron escritos en castelán e David Cortizo.

Os relatos 'O aguinaldo', 'As follas feren xermendo', 'Contra a noite' e 'A casa das Marías' son traballos dunha primeira etapa da autora á que se dedicaba este ano o Día das Letras Galegas. 'A gaiola', 'Nocturno en tres tempos' e 'Nosoutras' completan este libro que ofrece a visión que María Victoria Moreno tiña sobre as mulleres da súa contorna e da súa imaxinación.

A idea de liberdade enchoupa as follas deste volumen que ofrece unha mangífica oportunidade para comprobar a evolución narrativa da autora.