Niños Mutantes non perderán o Surfing the Lérez na súa xira de despedida

Pontevedra
19 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Despois de trinta anos de traxectoria musical, os Niños Mutantes despídense dos escenarios. A banda anunciou a súa separación, pero antes percorrerán toda España para ter un último contacto co público. Un dos concertos desta xira será en Pontevedra. Será un dos pratos fortes da próxima edición do festival Surfing the Lérez

Niños Mutantes
Niños Mutantes / Ernie Records

Despois de trinta anos de traxectoria musical, os Niños Mutantes despídense dos escenarios. A banda anunciou a súa separación, pero antes percorrerán toda España para ter un último contacto co público. Un dos concertos desta xira será en Pontevedra.

Será un dos pratos fortes da próxima edición do festival Surfing the Lérez, que se celebrará na Illa das Esculturas os días 14 e 15 de xuño.

"Imos celebrar esa gran carreira musical cantando todos os seus éxitos e gozando do que sería o seu concerto final", destacou a organización tras anunciar a súa incorporación ao cartel.

Autores de cancións inesquecibles como Errante, Todo va a cambiar ou No puedo más contigo, que quedarán para a banda sonora de toda unha xeración, Niños Mutantes pechará unha carreira artística na que editaron trece discos, os último Cuchillos y Diamantes (2022).

Durante todo este tempo, a banda foi un dos grandes referentes da escena 'indie' nacional e o seu nome figurou nos principais festivais de todo o país.

Os granadinos aseguraron sentirse "moi afortunado" por estas tres décadas en activo, resaltando que "foi a viaxe das nosas vidas e foi precioso".