Nil Moliner contaxia a súa enerxía e vitalidade ao público pontevedrés

Pontevedra
15 de agosto 2024

O artista catalán, unha das referencias actuais do pop español, foi o encargado de poñer a nota musical este mércores 14 de agosto no escenario principal das Festas da Peregrina, nunha ateigada Praza de España

Concerto de Nil Moliner nas Festas da Peregrina
Concerto de Nil Moliner nas Festas da Peregrina /

Música, baile e boa vibra para chegar ao ecuador da Semana Grande das Festas da Peregrina.

É o que ofreceu este mércores 14 de agosto o esperado concerto de Nil Moliner.

O artista catalán, unha das referencias actuais do pop español, foi o encargado de poñer a nota musical da xornada no escenario principal da Peregrina, nunha ateigada Praza de España.

Con cancións como 'Soldadito de hierro' ou a coñecida 'Libertad', Moliner meteu ao público pontevedrés no peto.

A programación musical das Festas da Peregrina garda aínda máis citas para non perder, empezando este xoves día 15 co concerto de Shinova na Praza de España (22.30 horas), xunto co que ofrecerá Savoy Club Big Band na Ferrería (21.00 horas).