'Nación', a película sobre as mulleres que loitaron contra o peche de Pontesa, chegará ás salas comerciais en marzo

Pontevedra
06 de novembro 2020

O filme de Margarita Ledo será presentado a finais deste mes de novembro en Madrid no Festival de Cine 'Márgenes', despois de estrearse no Festival de Cine Europeo de Sevilla

A Illa Lobeira en 'Nación', de Margarita Ledo
A Illa Lobeira en 'Nación', de Margarita Ledo / Nós produtora

'Nación', a película dirixida por Margarita Ledo, que narra a historia das mulleres que loitaron contra o peche da fábrica de Pontesa, situada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, participará a finais de novembro no Festival de Cinema 'Márgenes' en Madrid.

Este traballo estrearase o martes 10 deste mes no Festival de Cinema Europeo de Sevilla, un dos máis eventos máis prestixiosos. Unha vez estreado comezará un percorrido por diferentes certames.

A empresa  Nós Produtora Cinematográfica Galega anuncia que o paso de 'Nación' polas salas comerciais está previsto para marzo de 2021, coincidindo co Día Internacional da muller traballadora, pero esta previsión dependerá da situación sanitaria derivada da expansión da covid-19.

A película ofrece unha historia que combina o pasado e o presente sobre as mulleres galegas e universais. Está protagonizada polas actrices galegas Mónica Camaño e Nieves Lusquiños.