Nace o festival poético 'Veñan as cinco'

Pontevedra
14 de outubro 2024

Este festival contará entre outras figuras con Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, Silvia Penas e o músico Fran Fernández

Presentación do festival poético 'Veñan as cinco'
Presentación do festival poético 'Veñan as cinco' / Concello de Pontevedra

Entre o 25 e o 27 de outubro, Pontevedra acollerá a primeira edición do festival poético 'Veñan as cinco'.

Este festival, organizado polo Ateneo de Pontevedra, contará entre outras figuras con Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, Silvia Penas e o músico Fran Fernández.

O acto inaugural, conducido polas artistas Carme Quinteiro e Baia Fernández, terá lugar o venres 25 de outubro ás 19 horas no Museo de Pontevedra cunha performance de poesía e música.

O Teatro Principal, o Museo de Pontevedra, os bares O Diaño e A verbena e o Espazo Mauro Lomba serán escenario de recitais poéticos, música e clases maxistrais sobre poesía e procesos creativos.

As actividades teñen entrada de balde ata completar cabida a excepción das clases, que ao ter prazas limitadas precisan de inscrición previa en festivalvenanascinco@gmail.com.

O Concello de Pontevedra acolleu este luns a presentación deste evento no que participaron Antón Sobral, Carlos Avello, Xaime Toxo, e Tensi Xesteira en representación do Ateneo de Pontevedra, e o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez.

O nome do festival: 'Veñan as cinco', fai referencia ás 5 linguas máis faladas da península ibérica: español, portugués, galego, catalán e eúscaro.

O Ateneo xa tivo outro festival que foi PontePoética que tivo un percorrido de 9 edicións, pero a chegada da Covid marcou un fin de etapa.