Nace en Vilaboa o 'Salinas Club Lectura'

Vilaboa
16 de febreiro 2024

'Salinas Club Lectura' é unha iniciativa impulsada polo Concello e o Colexio Rural Agrupado (CRA) de Vilaboa que se inaugurará oficialmente o martes 23 de abril, Día do Libro

Unha persoa lendo en casa
Unha persoa lendo en casa / Christine

'Salinas Club Lectura' é unha iniciativa impulsada polo Concello e o Colexio Rural Agrupado (CRA) de Vilaboa que se inaugurará oficialmente o martes 23 de abril, Día do Libro. 

A entrada ao novo Club de Lectura será libre ata completar o aforo de 15 persoas. 

O xoves 29 de febreiro ás 17:30 convócase ás persoas interesadas en formar parte do club a un encontro informativo na BiblioCRA.

A presidenta do Salinas Club Lectura, Pilar Rodríguez Deus, cre que era necesario a creación deste proxecto "para achegar aos lectores de Vilaboa e de calquera punto de Pontevedra que queira asistir ao encontro dos autores noveis e mesmo consolidados".

En opinión de Conchita Pérez, directora de CRA Plurilingüe de Vilaboa, "a iniciativa extraescolar permitirá expandir a cultura e a lectura aos nosos estudantes e pais para crear un caldo de cultivo propicio para a saída de novos escritores galegos entre os nosos alumnos".

O Club de Lectura Salinas iniciará a súa andaina na semana do Día do Libro cun encontro coa autora de "O Pazo de Lourizán", Lola Fernández Pazos, á que seguirá a novelista "O Mar que nos leva", de Moncha Fuentes.

Os encontros con autores serán unha vez ao mes e os membros do Club de Lectura Salinas reuniranse na BiblioCRA. Os requisitos para pertencer ao Club de Lectura Salinas serán "simplemente as ganas de ler e reflexionar en compañía e coñecer a escritores e escritoras".