"Musiqueando" e bailando na Peregrina co IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra
26 de abril 2018

Un ano máis, "Musiqueando" chea de ritmo a praza da Peregrina en Pontevedra. Este 26 de abril, escolares das distintas cidades de España trasladaron a música ás rúas e prazas con interpretacións moi variadas; jazz, pop, swing, temas dos oitenta,...

Actuación musical dos alumnos do Frei Martín Sarmiento na Praza da Peregrina / Miguel Álvarez

Un ano máis, "Musiqueando" chea de ritmo a praza da Peregrina en Pontevedra. Este 26 de abril, escolares das distintas cidades de España trasladaron a música ás rúas e prazas.

A media mañá, a canción 'África' de Toto soaba nun ensaio. Escolares do IES Frei Martín Sarmiento da ESO e bacharelato afinaban os seus instrumentos e liberábanse dos nervios para sorprender aos oíntes.

"Musiqueando" é un proxecto a nivel nacional que organiza concertos nas rúas. Baixo o  hashtag #nosimportalamusica pretenden mostrar o talento que hai nas aulas e animar á xente a que se achegue a gozar dunha boa sesión de xéneros musicais moi variados.

O colexio pontevedrés sumouse á iniciativa por segundo ano consecutivo. Os estudantes dos distintos cursos, mesmo grupos creados entre amigos de clases, interpretaron cancións de estilos moi heteroxéneos; desde música tradicional ata pop, swing e incluso temas dos oitenta.

Algunhas persoas non poderon evitar que o ritmo se apoderase do seu corpo e acabaron animándose a mover o esqueleto; o público vitoreaba as súas actuacións e aplaudía entusiasmado.

A mellor forma de gozar da música é compartila e o concerto, acompañado do bo tempo, deixou un agradable sabor de boca e de oídos, aos pontevedreses que se atopaban alí.