Música 'made in Pontevedra' soa nas rúas da cidade co ciclo 'Sondeaquí'

Pontevedra
24 de xullo 2020

A mellor música 'made in Pontevedra' ecoa desde este xoves nas rúas da cidade. Catro concertos inauguraron o ciclo Sondeaquí, unha das propostas das Festas de Verán que deseñou o Concello para este ano

Concerto de Queco Lago no ciclo 'Sondeaquí'
Concerto de Queco Lago no ciclo 'Sondeaquí' / Mónica Patxot

A mellor música 'made in Pontevedra' ecoa desde este xoves nas rúas da cidade. Catro concertos inauguraron o ciclo Sondeaquí, unha das propostas das Festas de Verán que deseñou o Concello para este ano.

Desconcerto e Queco Lago, que actuaron nos xardíns da Parda e Barcelos respectivamente en sesión vermú; e Rodrigo Valiente e Picadoura, que amenizaron a noite en Barcelos e a Praza de España, abriron este programa musical.

Os concertos para os próximos días son:

Venres 24

13.30 horas. A Parda: Broke Lord
13.30 horas. Barcelos: Jacobo Sainz
20.30 horas. Praza de España: Flip Corale
22.00 horas. Barcelos: Singer Stich
22.00 horas. Praza de España: Soul MacKlein

Sábado 25

13.30 horas. A Parda: Larry Booles
13.30 horas. Barcelos: Río Verdugo
20.30 horas. A Parda: Brutal
22.00 horas. Barcelos: Chroma
22.00 horas. Praza de España: Denova

Domingo 26

13.30 horas. A Parda: Ghalos de Curral
20.30 horas. Praza de España: Calle del Ruido
22.00 horas. Barcelos: O Cadelo Lunático
22.00 horas. Praza de España: Javier Lago

Arquivado en