O Concello de Pontevedra presentou este martes un novo ciclo co que dinaminzar a primeira planta do Mercado de Abastos.
'Conversas do primeiro andar' unirá até finais do mes de novembro "música, literatura e o gusto por un bo viño", explicou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.
Trátase de "unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música" e tamén de viños, cos que "lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade", sinalou a edil.
"Creo que ofrecemos un ciclo de moitísima calidade", defendeu destacando a charla prevista o xoves 21 de novembro porque "ter a Rocío Saiz en Pontevedra é un luxo".
Todo iso con acceso "libre e gratuíto" coa intención, engadiu o programador do ciclo Marcos Rivas, de "darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído".
Serán un total de seis xornadas de 'Conversas do primeiro andar':
SÁBADO 19 OUTUBRO:
18.30 horas. Charla con Adrián Guerra de 'Viños Vivos ¿Viños naturais?'
20.00 horas. Concerto de Bernard Taylor & Roger de Flor (Conexión atlántica de Escocia a Galicia)
SÁBADO 26 OUTUBRO:
20.00 horas. Concerto de Kevin Herm Connoly
XOVES 7 NOVEMBRO
20.00 horas. Charla con Fernando Fernández Rego 'Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground'
XOVES 14 NOVEMBRO
20.00 horas. Presentación do libro 'Lo tengo en vinilo' de Óscar Avendaño
Charla 'Viños con personalidade' de Pablo Vidal
Modera Carlos Crespo con showcase de Óscar Avendaño
XOVES 21 NOVEMBRO
20.00 horas. Presentación do libro 'Que no se te note' de Rocío Saiz.
Presentación da adega 'Anónimas viticultoras' de Cristina Yagüe e María Falcón
Modera Susana Pedreira con showcase de Buenatarde e Rocío Saiz.
SÁBADO 23 DE NOVEMBRO
18.00 horas. Presentación do libro 'Galicia musicalidade' de Noel Turbulencias.
Charla con Javier Coya 'O viño na Pontevedra actual'
Modera Belén López