Música, festa e unha comida popular para celebrar os 18 anos da Sala Karma

Pontevedra
17 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Os dezaoito anos da Sala Karma ben merecían unha gran festa. E aínda que non puido ser no propio establecemento, pechado de maneira indefinida, celebrárono ao máximo. Foi cunha festa que se celebrou no Campiño de Santa María

Concerto de Javier Lago polo 18 aniversario da Sala Karma / PontevedraViva

Os dezaoito anos da Sala Karma ben merecían unha gran festa. E aínda que non puido ser no propio establecemento, pechado de maneira indefinida, celebrárono ao máximo.

Foi cunha festa que se celebrou no Campiño de Santa María, en colaboración cos establecementos de hostalería da zona, O Panderetas e La Hormiga.

Alí, os asistentes puideron degustar paella e polbo, elaborado ao momento por unha 'pulpeira'.

Javier Lago, en sesión vermú, e Los Tónikash, xa pola tarde, amenizaron o aniversario con senllos concertos en directo.

A fin de festa correu a cargo dun divertido bingo para todas as idades no que se incluíron como premios entradas para concertos.