Os granadinos Lagartija Nick foron protagonistas este sábado 4 de novembro dunha nova xornada do ciclo musical As Matinés do Principal.
No Teatro Principal a banda presentou o seu último traballo, 'El perro andaluz', que supón unha homenaxe ao director de cinema Luis Buñuel na súa faceta menos coñecida de poeta, pero tamén a Lorca, José Val del Omar e a outros pioneiros do cinema e creadores que perfeccionaron a arte de capturar a luz e convertela en narración, segundo sinalaba a presentación do espectáculo.
Ademais da parte musical o concerto contou cunha pantalla central na que se proxectaron contidos orixinais.
Todo con ritmos inspirados nas músicas de principios do século XX como o jazz, foxtrot, charleston ou two-step xunto a músicas populares como a xota ou o fandango.
Unha orixinal proposta que se completou o venres coa estrea en Galicia do documental 'La importancia de llamarse Ernesto y la gilipollez de llamarse Eric', que repasa a vida do batería dos Planetas e Lagartija Nick, Eric Jiménez.