Música de Nadal da man da BMP nunha Boa Vila ateigada de xente

Pontevedra
17 de decembro 2023

As clásicas melodías destas festas protagonizaron este ‘Sons de Nadal’ que contou con dúas actuacións, a primeira ás sete da tarde na Ferrería e unha hora máis tarde na Praza de España. Os pontevedreses premiaron cos seus aplausos o bo facer destes músicos e aproveitaron para gravar o concerto cos seus teléfonos  

A Banda de Música de Pontevedra (BMP) ambientou o Nadal da Boa Vila / PontevedraViva

A Banda de Música de Pontevedra (BMP) ambientou o Nadal da Boa Vila con dous concertos nas prazas da cidade.

As clásicas melodías destas festas protagonizaron este ‘Sons de Nadal’ que contou con dúas actuacións, a primeira ás sete da tarde na Ferrería e unha hora máis tarde na Praza de España.

Os pontevedreses premiaron cos seus aplausos o bo facer destes músicos e aproveitaron para gravar o concerto cos seus teléfonos.

Nunha tarde na que as rúas volveron a estar ateigadas de xente o protagonista da maioría das fotos segue a ser o Poboado de Nadal que permanece aberto na Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas co mercado de artesanía  e a ambientación de Nadal. 

O Bosque de xogos da Praza de España onde está tirolesa, a pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local abre durante a fin de semana e nos festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.

Por outro lado, permanece aberta a convocatoria para solicitar un posto no mercadiño de Nadal que se instalará no Mercado de Abastos.

O programa Nadal no Mercado aproveitará as casetas da primeira planta da Plaza de Abastos e crearase un mercadiño creativo no que se atoparán artigos singulares vencellados á economía creativa.

As persoas interesadas poderán solicitar, ademais, a concesión dun posto de comida e bebida, tamén no primeiro andar do Mercado de Abastos.

Ao respecto dos postos no mercadiño, as bases recollen que está dirixido a particulares ou entidades que ofrezan produtos singulares e creativos. O mercadiño está pensado tanto para público adulto como infantil, e estará aberto do 27 ao 31 de decembro.

As persoas interesadas poderán cubrir e consultas as bases nesta dirección web: https://apuntate.pontevedra.gal/nadal-no-mercado/