A xornada de venres nas Festas da Peregrina contou cunha soble cita musical.
Ao escenario da Praza de España subiron Óscar Ibáñez & Tribo, banda que acompaña ao gaiteiro este verán na xira que celebra nin máis nin menos que 20 anos de traxectoria.
Ibáñez presentou en Pontevedra o seu espectáculo Tribal XX, no que combina novos temas con algunhas das súas pezas máis coñecidas.
Pola súa banda Mondra achegou ao público da Praza da Ferrería a súa proposta artística, como unha das figuras relevantes na actualidade na nova escena musical galega.
Unha mestura entre música tradicional e sons urbanos electrónicos que xunto á súa 'performance' non deixaron indiferente aos presentes.
Para este sábado 17 de agosto a programación musical e artística das Festas da Peregrina terá continuidade cunha gala circense na Ferrería (21.00) e o concerto de Fillas de Cassandra na Praza de España (22.30 horas).