Mon Band presentará en Pontevedra o seu primeiro disco cun concerto en Sala Karma

Pontevedra
09 de marzo 2020

O proxecto de Mon Cancela presenta o seu primeiro disco, 'Juguemos a tenerlo todo', nunha xira por Galicia composta por cinco concertos. Pontevedra recibirá o terceiro dos concertos o día 24 de abril en Sala Karma

Mon Band
Mon Band / Mon Band

Mon Band presenta o seu primeiro disco, 'Juguemos a tenerlo todo', a través de cinco concertos en Galicia. Pontevedra acollerá o terceiro concerto da xira o venres 24 de abril na sala Karma. As outra cidades da xira son Santiago de Compostela, Boiro, Vigo e Ferrol.

Mon Band é o último proxecto do músico vigués Mon Cancela, que esta vez vén acompañado polo baixista Javi Pacheco e o batería Sergio Martínez

Cancela contou con Luís Antelo como produtor musical e con colaboracións de artistas como Iván Ferreiro para o tema Química brutal, que xa conta con máis de medio millón de visitas en Spotify, ou Eladio Santos, quen interpreta xunto a el o tema que dá título ao álbum.

As entradas poderán adquirirse na billeteira das salas o día do concerto por 10 euros.