Cambios no cartel de PortAmérica 2024. O arxentino Milo J, unha das referencias da música urbana latinoamericana, non poderá actuar en Portas o venres 5 de xullo como estaba previsto, segundo confirmou este xoves a organización do festival.
Debido á reconfiguración das datas na súa xira, o seu concerto na Azucreira de Portas tivo que ser suspendido, obrigando a buscar un substituto que cubra o seu oco.
No seu lugar, actuará en PortAmérica o tamén arxentino LIT Killah, un novo artista que xa se fixo un nome propio na escena do trap e o freestyle internacional.
Este non é o único cambio que experimentou o cartel da próxima edición de PortAmérica, que sumou un novo atractivo. Trátase de El Drogas, cantante e baixista da banda de rock Barricada durante máis de tres décadas.
Repasará a súa longa traxectoria musical nun concerto que se celebrará o sábado 6 de xullo.
A oferta musical de PortAmérica, tras estas modificacións, queda da seguinte maneira:
Vetusta Morla, Xoel López, Carlos Sadness, Toquinho, Standstill, Guadi Galego, Babasonicos, Galician Army e Mondra serán os encargados de actuar na primeira xornada do próximo PortAmérica, o xoves 4 de xullo.
Ao día seguinte, o venres 5, farán o propio Aitana, LIT Killah, Luz Casal, Shinova, León Benavente, Caloncho, The Rapants, Marilia Monzón, Besmaya e Sarria.
A terceira e última xornada do PortAmérica 2024 estará protagonizada, entre outros, por Juanes, Arde Bogotá, El Drogas, Ilegales, Rodrigo Cuevas, El Columpio Asesino, Burning e Sonido Gallo Negro