Melendi, Love of Lesbian, Viva Suecia, Iván Ferreiro, Alcalá Norte ou Mikel Izal, ao PortAmérica 2025

Umia
10 de decembro 2024
Actualizado: 13:40

Entre estas primeiras confirmacións tamén se atopan Recycled J, Travis Birds, Carlos Ares, Duncan Dhu, La La Love You, Merino, Marisa Valle Roso, Sidonie, Siloé ou Veintiuno

PortAmérica 2024
PortAmérica 2024 / Mónica Patxot

Os motores de PortAmérica 2025 xa están a pleno rendemento. A nova edición do festival, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de xullo na Azucreira de Portas, anunciou este martes os primeiros nomes que se suman ao seu cartel musical e gastronómico.

Melendi, Love of Lesbian, Viva Suecia, Iván Ferreiro, Alcalá Norte ou Mikel Izal serán, entre outros, algúns dos principais atractivos do festival.

Entre estas primeiras confirmacións tamén se atopan bandas e artistas da talla de Recycled J, Travis Birds, Carlos Ares, Duncan Dhu, La La Love You, Merino, Marisa Valle Roso, Sidonie, Siloé ou Veintiuno.

Do outro lado do Atlántico chegarán, pola súa banda, o dúo arxentino Ca7riel & Paco Amoroso e os uruguaios No Te Va Gustar.

A parte gastronómica, o ShowRocking, volverá estar capitaneada por Pepe Solla.

PortAmérica quixo anunciar tamén o nome dos primeiros cociñeiros que porán aos mandos dos fogóns durante os tres días de festival.

Así, cociñarán os chefs Jordi Roca, Albert Adriá, Alberto Lareo, Alén Tarrío, Álex Marugán, Begoña Rodrigo, Antonio Arrabal, Dani Carnero, Gonzalo Pose, Iago Pazos, Iván Cerdeño, José Carlos García, Maca de Castro, Pedro Sánchez ou Nagore Izauregui & Rodrigo Fonseca.

A eles sumaranse o portugués Vasco Coelho Santos que, por agora, é o único cociñeiro internacional que foi confirmado para esta edición.

Os abonos sairán á venda este xoves 12 de novembro, a partir das 13:00 horas, a través de portamerica.es.