A Praza de España de Pontevedra converteuse nun espazo vibrante este xoves 15 con público enfervorizado para ver ao grupo Shinova.
A banda biscaíña, que experimentou unha notable evolución musical ao longo dos anos, ofreceu un concerto sólido e próximo, no que o seu son melódico e emocional conectou co público.
A agrupación liderada por Gabriel de la Rosa repasou a súa traxectoria con temas que abarcan dende os seus inicios máis duros ata a súa transición cara a un estilo máis melódico de pop e rock alternativo.
Os seguidores gozaron dunha mestura de cancións dos seus discos máis recentes, como La buena suerte e El Presente, con interpretacións destacadas de temas como Te debo una canción e Mirlo Blanco, que xa se converteron en referentes do seu repertorio.
A enerxía das guitarras de Daniel del Valle e Erlantz Prieto, xunto ao baixo firme de Ander Cabello e a batería precisa de Joshua Froufe, lograron un novo éxito nos concertos das Festas da Peregrina.
Este venres 16, o gaiteiro Óscar Ibáñez & Tribo animará o público coas súas mellores pezas dende o escenario da praza de España, a partir das 22.30 horas.