Marín acollerá diversas actividades polo Día das Letras Galegas

Marín
11 de maio 2017

O día 17, ás 12:00 horas, terá lugar a entrega dos premios do XIX concurso de poesía de escolares e de adultos Concello de Marín, coa lectura dos traballos gañadores. Ao finalizar o cuarteto Picuiña vai rendir unha homenaxe a Manolo "Cristos", falecido recentemente

Víctor Freixanes
Víctor Freixanes / RAG

Marín acollerá diversas actividades polo Día das Letras Galegas.

Este domingo día 14 de maio, no multiusos da praza de abastos, terá lugar o concerto de corais organzado pola Coral Lembranzas, no que ademais desta polifónica marinense, tamén actuarán a Coral Frol Nova e o Coro Diapasón. 

O día 17, ás 12:00 horas, terá lugar a entrega dos premios do XIX concurso de poesía de escolares e de adultos Concello de Marín, coa lectura dos traballos gañadores. Ao finalizar o cuarteto Picuiña vai rendir unha homenaxe a Manolo "Cristos", falecido recentemente. 

Esta formación coñecida como Os Marañóns acompañou á Danza das Espadas de Marín dende os anos 40 ata finais dos sesenta. Manolo tocaba o bombo, o seu pai, "Cristos", a gaita e o seu tío Lisardo, "Marañón", o tamboril. Eles xunto con outra xente foron partícipes da supervivencia da danza transformando a danza gremial bailada exclusivamente por mariñeiros nunha danza bailada pola mocidade do pobo. 

Seguidamente, terá lugar o acto de entrega do III Certame de Relato Curto "Marín conta", organizado polo Ateneo Santa Cecilia. 

O día 2 de xuño, no museo Manuel Torres, haberá unha conferencia  do presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que versará sobre a figura de Carlos Casares, tamén organizado polo Ateneo. 

Arquivado en