A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro inaugurou a mostra "A que sabe este libro?" unha exposición cedida pola Asociación de Profesionais da Ilustración de Madrid, organizada para o XXVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid.
Esta mostra que acolle a Galería Sargadelos, inaugura a primeira das exposicións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Tendo en conta que a cociña é o tema elixido para a cita pontevedresa coa literatura, pode dicirse que a exposición supón toda unha maridaxe: é a primeira colaboración entre Pontevedra e o salón madrileño.
Anxos Riveiro avanza que este "é un primeiro paso para achegarnos ao Salón pontevedrés a outros proxectos no Estado".